Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz cita este venres a Rubiales para declarar como investigado

O xuíz cita este venres a Rubiales para declarar como investigado

Considera que o xa expresidente da RFEF puido incorrer nun delito de agresión sexual e outro de coaccións

G24.gal 12/09/2023 13:07 Última actualización 12/09/2023 13:19

O xuíz da Audiencia Nacional Francisco de Jorge citou este venres o expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) Luís Rubiales para que declare como investigado na causa aberta por agresión sexual polo bico que deu á futbolista Jenni Hermoso tras a final do Mundial.

Un día despois de admitir a trámite a querela que interpuxo a Fiscalía contra Rubiales polos delitos de agresión sexual e coaccións, o maxistrado ditou unha providencia en que empraza o exdirectivo a comparecer perante o xulgado Central de Instrución número 1 xunto ao seu avogado.

Noutra das dilixencias que o xuíz quere practicar para "a investigación dos feitos denunciados" pola Fiscalía, considera que Rubiales puido incorrer nun delito de agresión sexual ao dar un bico a Jenni Hermoso, sen o seu consentimento e mentres lle agarraba coas dúas mans a cabeza, e outro de coaccións polas presións que esta e a súa contorna recibiron para que xustificase o episodio publicamente.

No momento de admitir a trámite a querela, o xuíz xa ordenou solicitar todos os vídeos e imaxes que recollesen o bico que Rubiales deu a Hermoso "desde todos os ángulos", e tamén os minutos inmediatamente anteriores e posteriores ao feito relativos á celebración do triunfo da selección no Mundial de Sydney. O xuíz quere analizar tamén os vídeos da celebración no vestiario e tamén no autobús.

A Fiscalía querelouse contra Rubiales despois de que Jenni Hermoso formalizase a súa denuncia contra el nunha comparecencia na que ratificou que o bico non foi consentido e relatou que tanto ela como a súa contorna sufriron presións.

Rubiales presentou o domingo pola noite a súa dimisión á Real Federación Española de Fútbol  tras máis de cinco anos á fronte da institución e vinte e un días despois daquel episodio, que provocou un balbordo mundial que levo á FIFA para inhabilitalo preventivamente durante noventa días. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade