O xuíz García-Castellón reabre a causa sobre as homenaxes a etarras excarcerados
O xuíz García-Castellón reabre a causa sobre as homenaxes a etarras excarcerados
Arnaldo Otegi pon en dúbida a independencia do Poder Xudicial
O xuíz García-Castellón reabre a causa sobre os ongi etorri, as homenaxes a etarras excarcerados.
O xuíz da Audiencia Nacional, que tamén instrúe o caso Tsunamic Democràtic, ordenou analizar algúns chats administrados por membros de Sortu, onde, presuntamente, se impartían directrices para mobilizar a favor de presos e fuxidos da banda terrorista ETA. O líder de EH Bildu, Arnaldo Otegi, puxo en dúbida a independencia do Poder Xudicial.
Otegi di que o que hai no fondo no Estado español é un pulso entre os que queren abrir a posibilidade de debates que interesan ás nacións, aos pobos e aos traballadores, e quen o quere impedir a toda costa. "Creo que este auto de García-Castellón vén sumarse a iso. Probablemente xa abriron a fronte catalá e quererán abrir a fronte vasca. Ben".