Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obradoiros no rural de Xinzo contra a deterioración cognitiva nos maiores

Obradoiros no rural de Xinzo contra a deterioración cognitiva nos maiores

Son grazas a un convenio do Concello de Xinzo e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense

Impártense en tres parroquias e están pensando en estender estes obradoiros a outras aldeas

G24.gal 21/04/2022 21:13

Para frear a deterioración cognitiva nas persoas maiores, o concello de Xinzo e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense están impartindo uns obradoiros no rural. A través de diferentes actividades, estimulan a linguaxe, a concentración e a memoria e é un tempo que desfrutan en comunidade.

Nin a entrada dunha cámara ao local social de Ganade rompeu a concentración dos participantes neste obradoiro de estimulación cognitiva. Esfórzanse moito para resolver as fichas porque son conscientes dos seus beneficios.

Estes obradoiros en tres parroquias de Xinzo son posibles grazas a un convenio entre o Concello e a AFAOR. Ata xuño, aquí estarán nas súas clases semanais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade