Obras de restauración no adro da catedral de Lugo
Obras de restauración no adro da catedral de Lugo
O obxectivo é convertelo nun espazo máis accesible
A irregularidade das pedras orixinais do século XVIII dificultan o acceso ás persoas que usan cadeira de rodas
Na cidade de Lugo están en marcha obras no adro da catedral, que é Patrimonio da Humanidade.
Trátase de obras destinada a modificar o empedrado deste adro co obxectivo de convertelo nun espazo máis accesible.
A irregularidade das pedras, que se conservan tal e como as construíu Ferro Caaveiro aló polo século XVIII dificultan o acceso ao templo ás persoas que usan cadeira de rodas.
Este é un dos poucos empedrados artesanais que quedan na cidade e agora a intervención realízase baixo supervisión arqueolóxica. Non hai que esquecer que estamos na zona histórica da cidade e xúntanse aquí 3 elementos patrimonio da humanidade.
A propia catedral de Lugo, a muralla romana que está a uns pasos e tamén pasa por aquí o Camiño de Santiago.