Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ofensiva do PP contra o Goberno nunha sesión de control case monográfica

Ofensiva do PP contra o Goberno nunha sesión de control case monográfica

O executivo acusa os de Feijóo de "insubmisión institucional" polo plantón de Ayuso a Pedro Sánchez

O PP di que o "caso Sánchez" é o maior caso de corrupción de España

Todas as preguntas do PP ao Goberno foron sobre corrupción
G24.gal 23/10/2024 14:21

Moito ruído e pouco en limpo nunha sesión de control na que as acusacións voaron polos escanos dunha bancada a outra. Pero os dous grandes protagonistas nin tan sequera estaban no hemiciclo. Nin Pedro Sánchez, nin Isabel Díaz Ayuso. 

Un pleno monográfico por parte do PP que puxo no centro da diana a vicepresidenta Montero e o ministro Bolaños, os "últimos de Filipinas", segundo lles dixo o voceiro do PP, Miguel Tellado. Eles foron os encargados de responder a avalancha de preguntas sobre o rescate de Air Europa, a investigación ao fiscal xeral do Estado, o caso Koldo ou a imputación de Begoña Gómez. 

Desde o executivo acusan os de Feijóo de querer levantar unha cortina de fume para tapar a boa marcha do país e a súa propia corrupción.  E acusan de "insubmisión institucional" aos populares polo plantón da presidenta Díaz Ayuso a Pedro Sánchez. Tan só houbo cinco preguntas á marxe da corrupción. As do PNV, Bildu, Junts, Esquerra e Podemos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade