Oficial: Borja Iglesias é novo xogador do Celta
Oficial: Borja Iglesias é novo xogador do Celta
O santiagués chegará cedido por unha tempada
Petición de Claudio Giráldez para ocupar o oco que deixou Larsen
Borja Iglesias é oficialmente novo xogador do Celta de Vigo, cedido por unha tempada, pese á insistencia do Betis por vender o xogador da canteira viguesa. O santiagués xa soou noutros mercados como posible fichaxe para o Celta, pero non foi ata este verán, coa presencia de Giráldez no banco, que o máximo realizador na historia do Celta B volve á que foi a súa casa.
A tempada pasada foi moi difícil para Borja, perdeu o sitio como titular no Betis, e no mercado de inverno marchou ao Bayer Leverkusen como petición expresa de Xabi Alonso debido ás lesións que sufriu o conxunto alemán, campión da liga e da copa. Pese a ser un desexo persoal do adestrador vasco, Borja Iglesias non tivo moita sorte na súa aventura alemá e volveu ao Betis, sen anotar ningún gol e tras xogar só sete partidos. Agora Borja Iglesias enfróntase a outro reto na súa carreira, gañar a afición celtista, que non garda moi bos recordos da súa saída, e para axudalo estarán Giráldez e Aspas, principais valedores do Panda.