Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ofrecen 2.000 euros a quen axude a resolver un roubo nunha igrexa de Caldas de Reis

Ofrecen 2.000 euros a quen axude a resolver un roubo nunha igrexa de Caldas de Reis

Roubaron varias pedras do muro do adro da igrexa románica de Santiago de Godos

Un veciño decidiu ofrecer esa recompensa a quen dea información sobre o paradoiro das lousas

G24.gal 11/08/2024 16:01

Unha cinta da policía local marca o lugar que ocupaban as pedras roubadas no muro da igrexa de Santiago. Na parroquia de Godos, á que pertence a capela, están indignados.
O roubo xa está denunciado ante a Garda civil de Caldas, pero alguén na parroquia decidiu ir un paso mais alá: ofrecer unha recompensa de 2.000 euros a quen dea información sobre o paradoiro das pedras.

"Máis ou menos imaxinamos quen pode ser, pero fixo non sabemos quen ofreceu os cartos. Ofrece 2 mil euros, sabemos que é unha persoa moi devota", asegura o sancristán, Aquilino Abal.

A capela de Santiago de Godos é de orixe románica. Está situada á beira mesmo da estrada que vai a Vilagarcía. Ao seu redor hai dúas casas, pero ninguén viu nada. Na parroquia agardan que a recompensa de 2 mil euros teña efecto e que as pedras do muro da igrexa acaben volvendo ao lugar que ocupaban.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade