Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oitavos de final da Champions: PSG-R.Madrid, Atlético-M. United e Vilarreal-Juventus

Oitavos de final da Champions: PSG-R.Madrid, Atlético-M. United e Vilarreal-Juventus

O Real Madrid fala de "adulteración flagrante" do sorteo

Foto @SpheraSports
G24.gal 13/12/2021 12:21

Repetición do sorteo de Champions, oitavos de final: PSG-R.Madrid, Atlético-M. United e Vilarreal-Juventus 

O Real Madrid fala de "adulteración flagrante" do sorteo. 

⚽️ No @realmadrid falou Butragueño sobre o sorteo da Champions‼️

🎙️"Foi sorprende, lamentable e moi difícil de entender" pic.twitter.com/EbvB1XJlE7

O sorteo tivo que repetirse porque o Vilarreal foi emparellado co Manchester United por erro, e iso levou a un erro moito máis importante. No bombo do Atlético non estaban os rivais correctos e por tanto o seu sorteo quedou condicionado. Introduciuse  a bóla do Liverpool, co que non podía cruzarse, no lugar da do Manchester United

A decisión foi repetir o sorteo ás tres da tarde.

Os equipos españois xa tiñan rivais nos oitavos de final da Champions, que agora non valen: Benfica-R. Madrid, Vilarreal-M. City e At. Madrid-Bayern Múnic.

O Real Madrid fala de "adulteración flagrante" do sorteo

As outras eliminatorias eran: Salzburgo-Liverpool, Inter-Ajax, PSG-M. United, Chelsea-Lille e Spórting de Portugal-Juventus. Tamén houbo sorteo na Liga Europa. Estes son os emparellamentos dos equipos españois.

Barcelona-Nápoles, Sevilla-Dínamo de Zagreb, Leipzig-R. Sociedade e Zenit-Betis.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade