A variante ómicron dispara a venda das máscaras FFP2
A variante ómicron dispara a venda das máscaras FFP2
En decembro superaron a demanda das máscaras cirúrxicas
Son máis efectivas para protexerse dos contaxios, sobre todo, en espazos pechados
A irrupción da variante ómicron, moito máis contaxiosa, fixo que a venda das FFP2 se disparara dende o mes de novembro chegando a superar en decembro a demanda das máscaras cirúrxicas, segundo os datos de IQVIA, consultora especializada no sector farmacéutico.
Os usuarios que optan por este tipo de máscara falan de maior seguridade, sobre todo en espazos pechados. A comodidade é o que alegan os que seguen a preferir as cirúrxicas.
Ademais das máscaras tamén se incrementou a venda de paracetamol na farmacias. O motivo, xunto co elevado índice de positivos, está nos efectos secundarios das vacinas, tras a administración das doses de reforzo.
Seguen mantendo unha alta demanda tamén os tests de antíxenos, especialmente os de saliva, menos invasivos á hora de tomar a mostra. Conseguilos nalgunhas farmacias é a día de hoxe complicado.