Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ómicron, un antes e un despois na xestión da pandemia

Ómicron, un antes e un despois na xestión da pandemia

Rastrexos e corentenas poderían desaparecer cando remate a sexta vaga

G24.gal 22/02/2022 21:17

Contabamos co primeiro Nadal con certa normalidade en tempos de pandemia cando a sexta vaga nos deu unha nova mazada. Aínda coa variante delta en expansión, irrompeu ómicron.

Trouxo unha explosión de contaxios sen precedentes que fixo imposible manter a estratexia epidemiolóxica centrada en conter a transmisión, en localizar casos e contactos e illalos e corentenalos o máis rápido posible.

"Atopámonos ante unha situación moi nova. Hai un crecemento de casos, chegamos a 10.000 nun día e xa non podemos falar de contención e hai que empezar a pensar nunha estratexia de mitigación", explica a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

Comezan a dar por válidos os positivos por autotest, que serán recoñecidos a todos os efectos. Os contactos estreitos que estean vacinados deixan de gardar corentena e o seguimento médico diario resérvase para persoas vulnerables.

 "Fomos bastante conservadores. Mantivemos o rastrexo durante bastante tempo. Seguimos mantendo incluso ao día de hoxe a chamada a todos os positivos e temos un sistema electrónico e formularios para os contactos, cousa que outras comunidades xa non fixeron desde o inicio deste incremento de casos", di a doutora Durán.

E nun escenario coa maioría da poboación inmunizada o esforzo dos sanitarios céntranse na enfermidade grave, en doenzas en que unha infección do coronavirus pode alterar o prognóstico.

Serxio Vázquez, membro do comité clínico e xefe de Oncoloxía do HULA fala por o exemplo dos pacientes con patoloxías cardiovasculares, os que padecen un cancro ou os que pola sua idade ou situación médica son máis vulnerables e tras contaxiarse de covid chegan en peor situación os hospitais.

 "O camiño vai ser claramente ese. O que teremos e que facer menos accións sobre unha enfermidade que vai ser ou xa é moi similar á gripe", asegura un representante da atención primaria, Carlos Eirea, vicepresidente da Asociación Galega de Medicina de Familia.

E coa sexta vaga en retroceso os expertos xa pensan en novos cambios no sistema de vixilancia epidemiolóxica.

"Temos que ver se mantemos illamentos e corentenas, e se os mantemos durante canto tempo. Tamén hai que pensar se seguimos facendo rastrexo. Cremos que xa non ten sentido e empezamos a traballar con redes sentinelas, médicos seleccionados que dan unha imaxe de como está a situación epidemiolóxica", apunta Carmen Durán.

É que ómicron contaxiara tanta xente no mundo, boa parte dela vacinada, xerando inmunidade híbrida pode supor unha garantía a futuro.

"Isto pode axudar a que se houbera novas variantes ou se volvera a mesma ao longo do tempo estiveramos mellor preparados. O noso sistema inmunitario xa ten eses soldados preparados para a batalla e sempre vai ser menor ca o que tivemos", di a inmunóloga África González.

Un escenario máis optimista, presumiblemente sen restricións pero no que deberemos manter todo o aprendido sobre autocoidado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade