Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ona Carbonell cambia a piscina pola Illa de Cortegada

Ona Carbonell cambia a piscina pola Illa de Cortegada

Estivemos en Galicia coa capitá do equipo olímpico de natación sincronizada

G24.gal 11/05/2022 21:59

Que o medio natural de Ona Cabornell é a auga é un feito. As súas incursións son un auténtico espectáculo ao que ninguén permanece alleo.... e que ata o de agora lle permitiron atesourar preto dunha corentena de metais, entre eles dous olímpicos e 23 mundiais.

Hoxe Ona cambia parcialmente de escenario. A nadadora barcelonesa viaxou á illa de Cortegada para colaborar nos traballos de limpeza da súa contorna.

A do coidado do mar non é a única causa que defende a capitá do equipo español de sincronizada. Embarazada do seu segundo fillo, Ona denuncia, como xa fixo na última cita olímpica, as dificultades de conciliar deporte profesional e maternidade.

E porque o recordo de Tokyo está aínda moi fresco, a Ona sóbenlle as pulsacións cando lle mencionamos París. Retirada temporalmente da competición, Ona non lle pon data ao seu regreso. A prioridade agora, di, é unha baixa de maternidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar