Cargando resultados...
Onde se destinan os cartos que tiramos á Fontana de Trevi?
Onde se destinan os cartos que tiramos á Fontana de Trevi?
A recadación diaria oscila entre os 3.000 e os 4.000 euros
G24.gal
20/02/2023 12:06
Moita xente que pasa por Roma non resiste a tentación de tirar moedas á Fontana de Trevi.
A tradición nace nos anos 50, cunha película na que as protagonistas guindan moedas á fonte para atopar o amor.
O poder do cine fixo que ese xesto se convertese en viral.
Tan viral que as autoridades calculan que a recadación anual da fonte oscila entre o millón e millón e medio de euros, uns 3.000 ou 4.000 euros ao día.
E, para os que non o saibades, ese diñeiro destínase á Cáritas. Deste xeito, o turismo tamén axuda a que os máis desfavorecidos se beneficien dun simple xesto.