Cargando resultados...
Ons completa ocupación ata o 12 de agosto e as Cíes, a punto de esgotar o de todo o mes
Ons completa ocupación ata o 12 de agosto e as Cíes, a punto de esgotar o de todo o mes
En Cíes só quedan prazas a partir do día 29 deste mes
G24.gal
04/08/2023 19:52
As Illas Cíes atópanse próximas a completar a ocupación de todo o mes de agosto, mentres que a de Ons non ten prazas dispoñibles ata o día 13.
Ons, segunda illa con máis demanda do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, completou a cota de visitas entre o 2 e o 12 de agosto, cun total de 14.300 autorizacións (1.300 persoas diarias) que tramitaron o permiso para visitar o arquipélago da ría de Pontevedra.
As Cíes tamén están a piques de colgar o cartel de completo, pero, no seu caso, para todo o mes, xa que só quedan prazas a partir do día 29, apuntou a Navieira Mar de Ons, que freta barcos para esas illas.