O PP gañaría as eleccións xerais, segundo o CIS
O PP gañaría as eleccións xerais, segundo o CIS
Os populares mantéñense como primeira forza, aínda que perden sete décimas respecto ao barómetro de novembro
O PSOE sobe medio punto e Sumar mantense na terceira praza, por diante de Vox
O CIS publica o primeiro barómetro coa intención de voto dende a investidura de Pedro Sánchez. O PP mantense como partido coa maior porcentaxe de votos, o 33,2 por cento aínda que perde sete decimas respecto ao barómetro de novembro. O PSOE sobe medio punto, ata o 31,8 por cento dos votos. SUMAR mantense na terceira praza coa mesma porcentaxe que en novembro e VOX ten o seu peor dato, o 8,5 por cento, un punto e medio menos que hai un mes. O BNG sube lixeiramente, unha décima ata o 0,8 por cento dos votos.
O barómetro de intención de voto do CIS de decembro
PP 33,2 %
PSOE 31,8 %
SUMAR 11,8 %
VOX 8,5 %
BNG 0,8 %
OUTROS 13,8 %
FONTE: CIS
O barómetro de intención de voto do CIS de novembro
PP 33,9 %
PSOE 31,3 %
Sumar 11,8 %
Vox 10 %
BNG 0,7 %
Outros 9,8 %
FONTE: CIS