Publicador de contidos
Publicador de contidos

Orde de detención e prisión para Txapote e outros tres dirixentes da ETA

Orde de detención e prisión para Txapote e outros tres dirixentes da ETA

A Audidencia Nacional dita unha orde de detención pola súa presunta implicación no asasinato do maxistrado Querol Lombardero 

G24.gal 04/10/2023 14:55

O xuíz Santiago Pedraz dita unha orde de detención e prisión contra Txapote e outros tres dirixentes da ETA, pola súa presunta implicación no asasinato do maxistrado Querol Lombardero. 

Actualmente Javier García Gaztelu, alias Txapote, cumpre condena nunha prisión de Álava, a onde foi achegado hai un ano. Canda a el impútase tamén a Ainhoa Múgica, a Olarra Guridi e a Juan Luis Rubench, pola súa presunta implicación no atentado que o Comando Madrid levou a cabo en outubro do ano 2000. Nese atentado con coche bomba foron asasinados Lombardero, o seu escolta e o condutor.

Fontes xurídicas confirmaron que esta decisión do titular do Xulgado Central de Instrución Número 5 é meramente instrumental e que coa mesma dáse cumprimento ás euroordes emitidas a Francia para que os investigados poidan ser escoitados en sede xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade