Ordenan evacuar a cidade polaca de Nysia por perigo de inundación
Ordenan evacuar a cidade polaca de Nysia por perigo de inundación
Pouco máis ao sur e ao outro lado da fronteira, a cidade checa de Krnov quedou arrasada pola enchente dos dous ríos que conflúen nela
Polo menos 18 mortos, oito desaparecidos e miles de damnificados é o rastro deixado pola borrasca Boris os seu paso polo centro e leste de Europa.
A enchente dos ríos é agora a principal preocupación das autoridades de Polonia, Chequia, Romanía e Austria, os países máis afectados.
En Polonia, o temporal causou a morte de 4 persoas e as autoridades declararon zona catastrófica as tres rexións máis afectadas. A maior preocupación agora é o caudal dos ríos,
En Nysia levantan barreiras con sacos de area para protexer a cidade.
“Aí están os sacos de area carrexados durante a noite. Formaron unha cadea humana e ían pasándoos dun a outro ata alí, onde construían o muro”, di Grzegorgz Grochowski, veciño de Nysia.
O alcalde da localidade ordenou xa evacuación inmediata dos seus máis de 40.000 habitantes diante da posibilidade de que cedese un dique situado augas arriba.
Pouco máis ao sur e ao outro lado da fronteira, a cidade checa de Krnov quedou arrasada pola enchente dos dous ríos que conflúen nela. Ningún dos seus 23.000 habitantes lembra nada semellante e os danos materiais superan aos da gran riada de 1997, que causou a morte de 50 veciños.
O paso de borrasca Boris pola República Checa deixa tres mortos, oito persoas desaparecidas e decenas de miles de fogares sen luz, sobre todo no nordeste do país.