Publicador de contidos
Publicador de contidos

Orixinal decoración de Nadal en Chantada

Orixinal decoración de Nadal en Chantada

As figuras están feitas á man con materiais reciclados.

As estampas rememoran o pasado da vila.

G24.gal 10/12/2021 20:52

Chantada estrea unha decoración de Nadal fóra do común e chea de mensaxes para grandes e pequenos, obra do equipo de parques e xardíns  que quixo rememorar o pasado da vila botando man de materiais reciclados nun traballo totalmente artesanal.

Peregrinos do Camiño de Inverno, mouchos que coidan dos nenos na noite de Reis e o mercado de gando máis tradicional con curiosas figuras de animais. Mesmo hai un tren que fai parada na plataforma da diversidade e a tolerancia.  Mil e un detalles que fascinan a veciños e visitantes.

Rememoran tamén as festas de antes con familias tradicionais e modernas, todo cargado de mensaxes e chiscadelas aos veciños.

Nuns días montarán tamén un belén que sumará figuras a esta orixinal decoración de Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar