Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ortega ingresará este ano 1.700 millóns de euros polos dividendos de Inditex

Ortega ingresará este ano 1.700 millóns de euros polos dividendos de Inditex

É un 33 % máis que os beneficios acadados en 2021

G24.gal 30/10/2022 22:35

Amancio Ortega ingresará este ano algo máis 1.700 millóns de euros polos dividendos de Inditex, un 33 % máis que en 2021.

O próximo mércores cobrará a última retribución do exercicio, os case 860 millóns de euros que lle corresponden como primeiro accionista da multinacional téxtil.

O fundador de Inditex inviste parte dos seus beneficios no sector inmobiliario. Ortega posúe a maior inmobiliaria española, centrada na compra e xestión de grandes edificios situados no centro das principais cidades de España, o Reino Unido, os Estados Unidos e Asia.

Unha das súas últimas operacións foi a adquisición dun rañaceos de apartamentos de luxo en Nova York por algo máis de 500 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade