Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ortigueira acolle o Festival do Mundo Celta máis longo da súa historia

Ortigueira acolle o Festival do Mundo Celta máis longo da súa historia

O evento dura este ano oito días

G24.gal 11/07/2022 21:54 Última actualización 11/07/2022 22:03

Ortigueira continúa a ser polo de atracción para quen gusta da música celta. Chegan de todos os puntos da Península. Uns repiten; para outros, é a primeira vez.

Ata o vindeiro domingo, en Ortigueira citaranse bandas e músicos do mundo celta atlántico e tamén da terra. Preparada para acoller o seu público está a hostalería.

E no piñeiral da praia de Morouzos, á zona de acampada non deixan de chegar festivaleiros.

O 70 % do cartel deste ano son artistas galegos.

Entre outros, polo escenario de Ortigueira pasarán Luar na Lubre, Susana Seivane, Baiuca ou Dequenvessendo. Música folk e de raíz actual e de todos os tempos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade