Publicador de contidos
Publicador de contidos

Orzamentos bloqueados, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Orzamentos bloqueados, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 23/09/2024 07:59

Sánchez vive un bloqueo, por parte de Junts, que só ten unha obsesión: dobregar o presidente e que sexa público e notorio. Deixalo sen maioría é parte de esa estratexia, e neste eido o trofeo maior é bloquear os orzamentos do Estado.

Un goberno sen orzamentos é tan útil como un coche sen gasolina. Esa frase lanzoulla Pedro Sánchez a Mariano Rajoy cando o antigo presidente se vía obrigado a prorrogar os seus orzamentos.

O certo é que Sánchez magnificou os efectos: o vehículo, seguindo o símil, non está parado. máis ben está indo pola estrada a unha velocidade fixa, elixida no seu día, hai dous anos, para un treito concreto. Agora cambiamos de estrada e non podemos cambiar a velocidade. Dá o mesmo que encontremos diante unha costa, baixando un porto ou entrando en curvas pechadas. E aínda que é certo que o ano que vén se espera tranquilo, de rectas longas, o problema é que era bo momento para subir a velocidade e adiantar, e non poderemos, non seremos capaces de deixar atrás as nosas ineficacias, non daremos aproveitado o bo tempo para mudar unha parte da pel do noso país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade