Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os aeroportos galegos despiden o ano con 400 voos programados

Os aeroportos galegos despiden o ano con 400 voos programados

O Rosalía de Castro de Santiago concentra máis da metade das conexións previstas ata o luns

G24.gal 30/12/2023 16:47 Última actualización 30/12/2023 17:53

Nos preto de cen voos que operan este sábado nos tres aeroportos galegos viaxan as ilusións das persoas que agardan reencontrarse cos seres queridos.

"Viñemos ver a familia".

"Imos ver a avoa".

"Gozar da familia e dos amigos que hai seis meses que non viñamos".

Entre a xente que chega, tamén hai turistas que elixiron Galicia para dicirlle adeus ao ano 2023.

"Vimos un grupo de amigas".

"Vimos toda a familia, coñecer Galicia, gústame moito o norte".

Dende o venres e ata o luns hai programados 410 voos nas tres terminais: 228 en Santiago, 94 na Coruña e 88 en Vigo. Todos transportan os mesmos desexos para o 2024.

"Saúde".

"Familia, paz e amor... e saúde. O diñeiro xa virá".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar