Publicador de contidos
Publicador de contidos

As persoas afectadas esíxenlles unidade de acción aos distintos gobernos

As persoas afectadas esíxenlles unidade de acción aos distintos gobernos

Agradecen a axuda cidadá, pero son críticos coas administracións

G24.gal 03/11/2024 14:11 Última actualización 03/11/2024 15:51

Tras desta catástrofe hai milleiros de nomes propios, como o de Mayte, que perdeu o seu comercio e faltoulle pouco para morrer.

"Non nos avisou ninguén. Colleume dentro. Rescatoume un veciño por un lucernario. Levaba cinco horas coa auga ata o pescozo", relata.

Pasan os días, pero persisten as mesmas preguntas entre as persoas afectadas.

"Como pode ocorrer isto en pleno século XXI? Estamos pensando en levar vida a Marte cando hai fenómenos naturais no noso planeta e non temos capacidade, xa non de paralos, senón de avisar", lamenta un home.

Nas áreas danadas os veciños traballan todos a unha. Nalgúns puntos aseguran que só recibiron o apoio dos voluntarios.

"Aquí non veu nin Cristo, só os voluntarios chegados de toda España, e isto é un desastre", di outro afectado.

Chegaron alimentos e roupa, pero reclámanse bombas de achique, maquinaria pesada e elementos de protección para limpar.

"Botas de agua, pas, vasoiras e luvas", pide unha integrante de Protección Civil.

"Para non caer no risco dunha infección", explica un voluntario.

Un dos pasos cara á normalidade será reabrir os colexios.

"Que os nenos estean nun ambiente distinto, que deixen de ver lodo, estaría ben", opinan desde un colexio.

Pero non hai data, algúns centros están bastante danados e outros serven de albergue para os que perderon a casa.

"Habilitamos as aulas de arriba. Hai colchóns, sabas. Todo da solidariedade da xente. E xa quedaron cinco ou seis persoas e temos previsión de que queden máis", indican desde un destes centros.

Os damnificados esixen unidade de acción por parte das administracións.

"Que os políticos deste país, todos, se poñan á altura", demanda unha muller.

"Que deixen de batallar entre eles e baixen ao lodo, como o estamos facendo os cidadáns", insiste outra afectada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade