Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os aliados de Navalni confirman a súa morte e acusan a Putin

Os aliados de Navalni confirman a súa morte e acusan a Putin

As autoridades rusas afirman que aínda non se estableceu a causa do deceso

A familia do líder opositor esíxelles a entrega do cadáver

G24.gal 17/02/2024 20:22 Última actualización 17/02/2024 20:50

avogado de Navalni di que cando foi este sábado coa nai do opositor ruso á prisión onde morreu dixéronlles que falecera pola síndrome de morte súbita. A prensa oficial asegurara antes que sufrira unha trombose.

Agora o Comité de Instrución de Rusia, que depende da Presidencia, afirma que non se estableceu a causa e que a semana que vén terán os resultados dun segundo estudo.

A voceira do opositor afirmaba sen ambaxes que foi asasinado por orde de Putin, como xa pretendera hai tres anos.

O equipo de Navalni esixe a entrega inmediata do corpo á familia. Asegura que o depósito de cadáveres ao que lles dixeron que o levaran para a autopsia está pechado e que ningúen sabe onde o teñen.

En distintas cidades rusas, simpatizantes de Navalni saíron á rúa para renderlle homenaxe con flores e candeas. A policía recolleu os datos persoais de todos os participantes nestes actos, incluídos os reporteiros que os cubrían.

Os que portaban pancartas de protesta detivéronos. Desde o venres prenderon máis de 270 persoas nunha trintena de cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade