Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Amigos da Ópera da Coruña achegan a música lírica aos escolares

Os Amigos da Ópera da Coruña achegan a música lírica aos escolares

500 alumnos participan nun programa didáctico para primaria e secundaria 

'Ópera para nenos' pretende integrarse na formación musical básica 

Aspiran a que o proceso leve á creación de óperas infantís 

G24.gal 15/11/2022 15:53 Última actualización 15/11/2022 16:09

Onte foi a quenda de primaria e hoxe tócalles aos de secundaria. Douscentos cincuenta alumnos de primeiro e segundo da ESO de varios institutos da Coruña cambiaron esta mañá a programación habitual por unha lección de introdución á ópera. 

Seguindo o programa Máis que ópera, que xa iniciaron en Madrid, os Amigos da Ópera aspiran a crear canles de colaboración permanente coa comunidade educativa.

Agardan a que o programa, amais de mellorar a formación musical, axude a crear máis afección á música lírica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade