Os autónomos poden deducir o IVE de gastos da vivenda se a empregan profesionalmente
Os autónomos poden deducir o IVE de gastos da vivenda se a empregan profesionalmente
Unha sentenza do TSXA, que senta xurisprudencia, recoñécelle ese dereito
A dedución será proporcional á porcentaxe de vivenda que empregan como despacho
Rita ten un negocio que se encarga de dar solución ás necesidades de quen a contrate: dende tramitar documentos a organizar viaxes. "É unha empresa totalmente online, e a nosa oficina é a nosa casa", di Rita.
Nela ten gastos como Internet, electricidade ou calefacción, que son imprescindibles para desenvolver o seu traballo e onde a factura se disparou. "Se estás na casa cinco horas traballando seguidas ou así tes que por calefacción. Se estabas noutro traballo non a porías. Así que dóbrase o triplícase", asegura.
Agora, tras unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, que senta xurisprudencia, poderá deducir o IVE destes gastos, iso si en proporción á porcentaxe de fogar que usas para actividade profesional.
"O que tes que facer é unha pro rata dos metros cadrados que tes dedicados a ese despacho e os gastos na base proporcional e tamén xustificando a necesidade de ese gasto que tamén terías se tiveras contratada unha oficina ou outro despacho fóra da túa vivenda", explica David Martínez, presidente da Asociación de Autónomos de Ourense.
Ata o de agora a lei do IVE establecía que só se podía deducir nos gastos vinculados ao cen por cento ao negocio polo que a sentenza supón un alivio para moitos autónomos.
"Paréceme xenial. Creo que xa o terían que facer antes porque dende a covid moita xente traballa dende a casa", afirma Rita.
"Porque así aforran gastos, en lugar de arrendar unha oficina traballando dende casa", din desde a Asociación de Autónomos de Ourense.
Os autónomos tamén poden desgravar no IRPF ata un 30 % destes gastos en función da porcentaxe de fogar que empreguen para uso profesional.