Os bancos de alimentos da provincia da Coruña precisan voluntarios
Os bancos de alimentos da provincia da Coruña precisan voluntarios
Prevén recoller uns 25.000 quilos de alimentos para atender máis de 27.000 familias na operación Primavera, que xa está en marcha
No Banco de Ferrol necesitan aproximadamente uns 80 voluntarios
A operación Primavera nos bancos de alimentos da provincia da Coruña prevé recoller uns 25.000 quilos de alimentos para atender máis de 27.000 familias. Un reto grande que está ensombrecido por un problema non menos grande: a falta de voluntarios.
Manuel González, delegado do Banco de Alimentos Rías Altas Ferrol, di que "non sei se a xente está cansa de tanto axudar ou de que lle pide por todos os lados que necesitamos voluntarios. Non só voluntarios para os centros senón para as recollidas, as recollidas son unha hora, dúas horas, o que cada un queira, como se vén só media hora".
Na zona de Ferrol precisan uns 80 voluntarios para, principalmente, estar a pé de caixa en dous supermercados. Di Manuel González que "o que teñen que facer é dicir que están pedindo alimentos para o Banco de Alimentos e se pode botarnos unha man, moitas grazas e se non pode pois non pasa nada". Di que "é moi sinxelo e que calquera pode".