O PP convoca o seu comité de dirección o luns
O PP convoca o seu comité de dirección o luns
Os líderes territoriais do PP, que non están na cúpula nesa xuntanza, instan a Casado a unha saída rápida da crise
Varios líderes autonómicos instaron nas últimas horas a unha saída rápida da crise. No Partido Popular tentan pechar a ferida aberta trala crise entre Pablo Casado e Isabel Díaz Ayuso.
A presidenta madrileña non vai ser sancionada. Génova dá por boas as explicacións e considera suficiente a documentación que a Comunidade de Madrid fixo pública nos últimos días sobre o contrato relacionado co irmán de Ayuso.
Esa é a documentación que o presidente do PP lle pedía desde outubro, segundo fontes da dirección nacional. Agora incorpórase ao expediente e o caso quedará pechado. As versións do acontecido na xuntanza do venres non son coincidentes e, segundo a contorna de Ayuso, esa reunión foi infrutuosa.
Distintos presidentes autonómicos instaron nas últimas horas a una saída rápida da crise co diálogo e está aínda por debuxar a folla de ruta do futuro.