Os bateeiros esíxenlle á Xunta en Santiago "recuperar a xestión da mexilla"
Os bateeiros esíxenlle á Xunta en Santiago "recuperar a xestión da mexilla"
A concentración de centos de persoas en San Caetano que denunciaban a perda de produción e de postos de traballo rematou sen incidentes
Concentración este sábado diante da Xunta dos traballadores do sector do mexillón para reclamar á administración autonómica "recuperar a xestión da mexilla".
Convocados por unha trintena de asociacións, os bateeiros manifestaron que se atopan ante "un problema serio e urxente", xa que, segundo apuntaron, as industrias "están desabastecidas de mexillón".
O sector insiste na necesidade de derrogar o artigo 13 do regulamento 153/2019 que lles "impide ir a todas as zonas de cría". Calculan que o pasado ano tiveron "30 millóns de quilos menos de produción. Este ano serán aínda menos", aseguran".
Reclamaron a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana. A ela e ao executivo galego dirixiron as súas críticas e destacan que "están xogando coa comida de 20.000 familias, 20.000 postos de traballo director e 30.000 indirectos".