Os beneficios da natureza para a saúde é o tema central do Festival Internacional de Xardíns de Allariz
Os beneficios da natureza para a saúde é o tema central do Festival Internacional de Xardíns de Allariz
Os beneficios da natureza para a saúde é o tema central do Festival Internacional de Xardíns de Allariz
A terapia en espazos libres e como a natureza axuda a mellorar o benestar físico e mental é eixe condutor das propostas paisaxísticas desde ano
A décimo segunda edición estará aberta ao público ata o vindeiro 30 de outubro
Unhas 40.000 persoas visitan cada ano este espazo de encontro para os amantes da natureza, o paisaxismo e o deseño
En Allariz xa se pode visitar a décimo segunda edición do Festival Internacional de Xardíns. Este ano a saúde e o benestar son o nexo de unión das creacións paisaxísticas baixo o tema central "Xardíns Terapéuticos, deseños que curan".
Esta é a proposta sensorial e sandadora da décimo segunda edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
"A importancia dos espazos verdes na saúde mental e física das persoas, como inflúe o estar en contacto coa natureza ou ter espazos verdes onde poder saír a relaxarnos neste momento que acabamos de vivir despois dunha pandemia".
Dun total de 40 propostas escolleron dez xardíns que son os que poderán votar as persoas que visiten este espazo de encontro para as persoas amantes da natureza, o paisaxismo e o deseño.
A creación dos escolares allaricenses e a súa aposta polo xogo ao aire libre é un dos que máis está a gustar, pero non entra no concurso.
Entre os deseños paisaxísticos están países como Austria, Montenegro, Colombia ou os Estados Unidos. E tamén dous xardíns galegos que homenaxean as raíces e os ancestros como o do arquitecto de Daniel Carbajal.
"Está claro que os xardíns, estar en contacto coa natureza é unha cousa que nos beneficia, que nos achega máis relaxación e moito benestar psicolóxico", asegura Danial Carbajal.
Ata o 30 de outubro en Allariz tamén poden percorrer de novo o emotivo camiño da emigración de Rosalía, o xardín gañador do ano 2021.