Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os bombeiros comarcais de toda Galicia piden condicións laborais dignas

Os bombeiros comarcais de toda Galicia piden condicións laborais dignas

O 17 de novembro convocaron unha manifestación en Santiago de Compostela

G24.gal 20/10/2023 16:46

Os bombeiros dos parques comarcais de Galicia protestaron este venres ante a Deputación de Pontevedra lanzando ovos, pintura, petardos, botes de fume e queimando pneumáticos.  Están en folga desde xuño para demandar unhas condicións laborais dignas. 

A mobilización deste venres ante a Deputación de Pontevedra é a primeira do calendario de protestas anunciado, que continuará o vindeiro luns fronte á administración provincial ourensá, o venres 27 na da Coruña e o martes 31 na Deputación de Lugo.

Para o día 17 de novembro convocaron unha manifestación en Santiago de Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade