Cargando resultados...
Os bombeiros de Sarria e Monforte néganse a cubrir as baixas con horas extras obrigatorias
Os bombeiros de Sarria e Monforte néganse a cubrir as baixas con horas extras obrigatorias
Manifestaranse a semana que vén e non descartan ir á folga
G24.gal
16/05/2023 19:18
Última actualización 16/05/2023 19:22
Os bombeiros dos parques de Sarria e de Monforte rexeitan facer horas extraordinarias obrigatorias, tal e como lles pide a xerencia do Consorcio, para cubrir as vacantes por baixas.
Así o decidiron nunha asemblea celebrada esta tarde, en que acordaron tamén convocar unha manifestación para a próxima semana e estudar a posibilidade de facer unha folga.
Neses dous parques non se puido completar onte todo o servizo porque parte do persoal está de baixa e non se substitúe.
Os traballadores esixen un novo convenio colectivo que regule as súas condicións laborais.