Publicador de contidos
Publicador de contidos

A choiva arrastra unha trintena de vehículos nunha rampla en Cadaqués

A choiva arrastra unha trintena de vehículos nunha rampla en Cadaqués

Protección Civil ten activada a prealerta ante a previsión de que se acumulen 100 litros de chuvia por metro cadrado en 24 horas

Fonte: Bombeiros da Generalitat
G24.gal 08/11/2024 09:29 Última actualización 08/11/2024 14:34

Unha trintena de vehículos foron arrastrados de madrugada pola auga nunha rampla en Cadaqués, na comarca xerundense do Alto Empordán, en Xirona, onde está activada a prealerta ante a previsión de que se poidan acumular 100 litros de chuvia por metro cadrado en 24 horas.

Os Bombeiros da Generalitat de Cataluña informaron de que a riada, que non causou feridos, se produciu ás 03.54 horas e que os vehículos arrastrados quedaron amoreados debaixo dunha ponte e non chegaron ao mar. Dúas dotacións dos bombeiros trasladáronse ao lugar dos feitos.

Aquesta matinada #bomberscat hem revisat una trentena de cotxes que s'ha endut una rierada a Cadaqués (avís 03.54h). Els vehicles han quedat amuntegats sota un pont i no han arribat a mar, cap persona ferida ni atrapada

2 dotacions 🚒 https://t.co/oABV4HohU1 pic.twitter.com/EgNNMCfSkK

Esta foi a única intervención dos bombeiros nesa comarca polas tormentas da pasada madrugada, aínda que na veciña do Baixo Empordán recibiron oito chamadas desde as 03:00 horas, na súa maioría por inundacións en vivendas particulares, sen feridos.

Protección Civil informou de que mantén activada a prealerta do plan de emerxencias por inundacións, o INUNCAT, no Alto e o Baixo Empordán, por observación e acumulación de choiva, que pode chegar aos 100 litros por metro cadrado en 24 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade