O Goberno propón poder reincorporarse das baixas ao traballo de xeito gradual
O Goberno propón poder reincorporarse das baixas ao traballo de xeito gradual
Os sindicatos rexeitan as reformas das baixas e néganse a negociar a proposta
O Goberno matiza a polémica proposta da ministra Elma Saiz sobre as baixas flexibles. Na primeira reunión cos axentes sociais para reformar a Incapacidade Temporal fala da posibilidade dunha incorporación gradual ao traballo, pero sempre tras recibir a alta e baixo supervisión médica.
"Para unha persoa, despois de estar de baixa moitos meses pode ser moi problemático que a reincorporación ao posto de traballo sexa completa nos mesmo termos que antes, de aí a gradualidade pero gradualidade unha vez producida a cura".
Os sindicatos insisten en rexeitar o concepto de baixas flexibles e agardan os cambios sobre a proposta inicial que non lles aclararon nesta reunión.
"Xa fala de que cando un traballador está de alta, algo que celebramos porque se produciu unha alarma social. Creo que a ministra foi moi desafortunada", di Cristina Estévez, secretaria de Política Institucional e Políticas Territoriais de UGT.
"Iso non se fai modificando a prestación de incapacidade temporal, iso faise abordando, sempre desde a prescrición médica, a reincorporación paulatina ao emprego. E algo terán tamén que dicir as empresas", engade Carlos Bravo, secretario de Políticas Públicas e Protección Social de CCOO.
O Secretario de Estado indicou que nese período de reincorporación gradual ao traballo se podería compatibilizar cobrar a baixa e o salario.