Os bombeiros de Vigo comparten xogos e agasallos cos nenos ingresados no Álvaro Cunqueiro
Os bombeiros de Vigo comparten xogos e agasallos cos nenos ingresados no Álvaro Cunqueiro
Os bombeiros trocaron a dor por xogos, risas e agasallos
Levaban dous anos sen vir pola pandemia
Se o Papá Noel fai visitas ás casas polas chemineas, os bombeiros de Vigo fanas polas fiestras. Deste xeito quixeron visitar os máis pequenos que están no hospital Álvaro Cunqueiro.
Os que están internados e non poden gozar do verán cos amigos. Para facerlles máis levadío o tempo, trouxéronlles uns agasallos e compartiron xogos con eles.
"Traemos uns agasallos. Un caderno, unha camiseta, pinturas e estamos a mañá con eles para que lles pase mellor o tempo, que é o importante. Aos nenos failles ilusión vernos, xa levabamos dous anos sen vir, pola COVID-19. E xogamos un pouco con eles porque aos nenos xa vernos entrar coa escaleira xa lles fai ilusión", aseguran dous dos voluntarios do parque de bombeiros de Vigo.