Os británicos acoden a Buckingham para unha despedida tranquila e sentida á súa raíña
Os británicos acoden a Buckingham para unha despedida tranquila e sentida á súa raíña
A cidadanía británica recorda a raíña Isabel II ás portas de Buckingham
Expectación ante a acollida que terá o novo rei, Carlos III
Ás portas do Palacio de Buckingham cidadáns anónimos seguen achegándose a homenaxear a que foi, para a maioría, a única raíña que recordan. As pequenas mostras de cariño, non institucionais, causan estes días moita curiosidade por seren as manifestacións máis espontáneas do sentir da sociedade británica. Así o observaban algúns galegos residentes en Londres cos que tivemos ocasión de falar.
Paréceme un día diferente, cun acontecemento histórico relevante e provócame moita curiosidade ver como está a reaccionar a xente que vive aquí e os ingleses tamén.
A verdade é que é moi británica a reacción. Ves a xente tranquila que vén coas súas flores ou as súas bandeiras a pasear diante do palacio porque moito máis non se pode facer. É un ambiente moi relaxado, sen dramas nin loucuras como parece ás veces na prensa, que isto é unha traxedia. Pero a xente lévao con máis calma.
Para moitos a figura de Isabel II é insubstituíble, e a dúbida agora está en como será acollido o novo rei, Carlos III.
A raíña era unha persoa moi respectada e tiña unha capacidade de manobra que Carlos non vai ter. A súa historia e a súa traxectoria persoal non é a mesma ca a da súa nai e creo que o vai ter moito máis complicado para xerar consensos.
Nestes tempos convulsos, nestes sete anos, tivemos sete primeiros ministros diferentes. A raíña era como un elemento de estabilidade institucional e este cambio evidentemente vaille afectar á percepción da monarquía.
Haberá que deixar pasar un tempo para ver se esta morte pon en cuestión a institución monárquica ou se o novo rei consegue manter o apoio cidadán.