Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os cartos dunha churrería de Santiago irán destinados á asociación de nenos con cancro de Galicia

Os cartos dunha churrería de Santiago irán destinados á asociación de nenos con cancro de Galicia

A recadación dunha xornada de traballo doaranse á investigación e coidados dos nenos oncolóxicos de Galicia

G24.gal 11/04/2024 14:27

Almorzar con churros sempre presta, pero, se aínda por riba o importe de cada churro vai destinado a unha causa solidaria, presta moito máis. É o xeito de celebrar o primeiro aniversario dunha churrería de Compostela que vai doar todos os cartos recadados nunha xornada de traballo á Asociación de Axuda a Nenas e Nenos Oncolóxicos de Galicia.

O seu propietario, Ibai Castiñeiras, conta que "é o seu xeito de agradecer a resposta da xente en todo este primeiro ano e, á vez, de poder axudar nunha causa solidaria". 

Ibai é a quinta xeración de churreiros, de aí o nome do negocio: churrería La Quinta. 181 anos despois, a complexa vida ambulante dos seus antepasados mudouse á cidade para seguir coa tradición e, segundo Ibai Castiñeiras ,"tamén para axudar sempre que se poida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade