Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vacinas e as medidas de precaución fan baixar un 90 % os casos de gripe

As vacinas e as medidas de precaución fan baixar un 90 % os casos de gripe

Tamén se reduciu a incidencia doutras doenzas infecciosas

Só houbo unha lixeira repunta da bronquite infantil
G24.gal 30/01/2022 14:24

A gripe e outras enfermidades infecciosas propias desta época do ano baixaron de xeito considerable respecto ás cifras do ano pasado e das rexistradas antes da pandemia, agás unha lixeira repunta dos casos de bronquite infantil.

Os datos que manexa o Centro Nacional de Epidemioloxía confirman unha redución dos casos de gripe superior ao 90 %.

Medidas anticovid

Os pneumólogos din que esta baixada na incidencia da gripe prodúcese grazas ás medidas anticovid coma as máscaras e as distintas vacinacións. Outra causa dos escasos contaxios da gripe é a que os especialistas denominan competencia entre virus.

Baixada dos contaxios

O presidente da Sociedade Española de Pneumoloxía di que os contaxios pola sexta onda da covid e da variante ómicron comezarán a baixar claramente en dúas ou tres semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade