Publicador de contidos
Publicador de contidos

As moedas de 1 e 2 céntimos poderían desaparecer en pouco tempo

As moedas de 1 e 2 céntimos poderían desaparecer en pouco tempo

Producir estas moedas xa custa máis do que valen e 6 de cada 10 europeos son partidarios de sacalas do mercado

G24.gal 12/12/2024 16:37

A maioría dos europeos está a favor de que desaparezan as dun e dous céntimos.

Segundo o último Eurobarómetro, 6 de cada dez avogan por eliminalas. Aínda que aquí, en España, gañan, por moi pouquiño, iso si, os que prefiren seguir usándoas.

O redondeo de prezos e o incremento de pagos con tarxeta relegan as moedas dun ou dous céntimos, aínda que algúns negocios seguen a usalo como reclamo.

Máis do 60 por cento dos europeos están a favor de que desaparezan.

Producilas custa máis do que valen. Así e todo en España, os partidarios da súa eliminación baixa ao 47 %.

Co debate sobre a mesa, esta moedas seguirán por agora na nosa carteira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade