Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os centros de saúde de Galicia van contar con analizadores de sangue portátiles

Os centros de saúde de Galicia van contar con analizadores de sangue portátiles

É tecnoloxía dixital, que ofrece os resultados de forma inmediata e que aforra desprazamentos dos pacientes ao hospital

O Sergas decide adquirir estes aparatos tras o informe favorable do persoal sanitario, que os probou en varios centros de saúde

G24.gal 21/09/2023 14:56

Xa non terán que ir a laboratorio necesariamente as analíticas urxentes para saber se un paciente está estable. Os niveis de sodio, potasio, creatinina ou hemoglobina poden coñecerse só 5 minutos despois da extracción.

"Van mandar dous aparatos por centro. E vai ser moi efectivo porque vai determinar unha serie de parámetros que antes tiñan que ser determinados no hospital", di María Jesús Rey, a coordinadora de servizo do Centro de Saúde de Vilalba.

Talía Álvarez, unha das enfermeiras de asistencia domiciliaria que probou estes analizadores sanguíneos, explica que o segundo tipo dos aparatos que van recibir en Atención Primaria serve para coñecer a evolución dos pacientes diabéticos, e tamén para distinguir entre unha infección vírica e unha bacteriana.

"Eu se vou na consulta domiciliaria cunha mostra ordinaria dime como ten o azucre nese momento, pero iso non quere dicir que pola tarde non estea alto. En cambio con este analizador vexo como estivo nos últimos meses e dáme unha guía de como está a seguir os tratamentos", explica Talía Álvarez, enfermeira do ESAD.

A chegada destes aparatos dixitais incrementará a capacidade diagnóstica en Atención Primaria e, segundo o persoal que os probou, achegará aos domicilios dos doentes unha atención máis completa e máis eficaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade