Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os portugueses aforran 10 euros mercando as bombonas de butano en Galicia

Os portugueses aforran 10 euros mercando as bombonas de butano en Galicia

Os portugueses non só buscan aforrar na gasolina nas estacións de servizo galegas, tamén veñen en busca das bombonas de butano. Aquí compran tres polo que pagan por dúas en Portugal

G24.gal 18/11/2022 14:12

Os clientes portugueses son maioría á hora de mercar bombonas de butano ou propano nas estacións de servizo da fronteira galega. Pagan uns 10 euros menos de media por botella.

En Galicia, a bombona de butano non chega aos 20 euros, mentres que en Portugal pode superar os 30. Esta práctica xera certas dúbidas nos propios clientes. En España, só está permitido transportar dúas bombonas nun coche particular e hai que ter contrato cunha distribuidora para retirar a primeira.

Moitos veciños lusos aproveitan para botar gasolina e mercar as bombonas nunha soa viaxe e compensar así co aforro os custos do desprazamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade