Os coches son menos seguros para as mulleres

Os fabricantes priorizan a corpo masculino á hora de deseñar os elementos de seguridade

O cinto non ten en conta o peito nin protexe axeitadamente os ombreiros das mulleres

As probas de seguridade dos coches priorizan a anatomía masculina
G24.gal 07/11/2023 14:53

Nun impacto frontal a 65 quilómetros por hora as mulleres teñen o dobre de risco de sufrir unha lesión grave no cerebro. Tamén no tórax, na cara e no pescozo cando se activa o coxín de seguridade. É que moitas non lles chegan aos pedais e van enriba do volante máis do debido.

Tampouco o cinto protexe de forma adecuada o peito e os ombreiros femininos porque o seu deseño está pensado para o corpo dos homes. Así se desprende dun estudo sobre seguridade nos coches, realizado baixo a perspectiva de xénero.

"Ata o de agora as probas de seguridade nos vehículos realizábanse baseándose na fisionomía masculina. Os 'dummies' empregados ata agora nos 'crash test' adoitan responder a tres modelos: un home de estatura media, un home de grande envergadura e unha muller pero dunha altura de 1,50, polo que realmente a fisionomía feminina máis habitual non queda ben recollida nestas probas",  apunta Mar Garre, directora xeral da Fundación Línea Directa,

Segundo este informe, as mulleres teñen un 17 % máis de risco ca os homes, de morrer en caso de accidente. O estudo tamén constata que segue habendo prexuízos. Un 18 % dos galegos recoñece que insultou unha condutora só por ser muller.

Ante este panorama, non queda outra que seguir loitando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar