Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os colexios de Ourense celebran os magostos

Os colexios de Ourense celebran os magostos

Castañas asadas, bolos preñados, bica, caras tisnadas e moita diversión

G24.gal 08/11/2024 14:16

O San Martiño é festivo local en Ourense e será o día no que os ourensáns se botarán ao monte para o magosto. Pero na maioría dos centros escolares xa o celebraron hoxe e o patio e as aulas enchéronse de castañas asadas. 

Hoxe é un día moi especial no colexio da Ponte, situado na cidade de Ourense. Teñen moi claro o que non pode faltar no magosto: as castañas asadas, o bolo preñado e a bica.

O significado do magosto en Ourense sábeno dende pequeniños, unha tradición moi arraigada.
E como cada ano, celébrano nos colexios, desta volta antes da ponte festiva polo San Martiño.
En Ourense aínda quedan magostos por diante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade