Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Cociña Económica de Ferrol terá un menú especial polo Nadal grazas á confraría de pescadores

A Cociña Económica de Ferrol terá un menú especial polo Nadal grazas á confraría de pescadores

Os mariscadores doan 150 vieiras á entidade benéfica

G24.gal 21/12/2023 14:13

O patrón maior da confraría de Ferrol entregou esta mañá cinco caixas con 150 vieiras na Cociña Económica. 

"Vieira porque é un produto noso e como veñen por unidades son moi doadas de repartir", explica Gustavo Chacartegui, o patrón maior da confraría.

Unha doazón que agradecen na entidade benéfica, e máis nestas datas.

"Aproveitamos un produto coma este, de calidade, para engadir ao menú deste sábado. O que teña que vir aquí vai notar máis non poder xantar na casa e por iso, nestas datas, nós procuramos facerlles un menú especial", di José Antonio Piñón, o secretario da Cociña Económica.

Fina será a encargada de preparar ese menú especial para os 120 comensais que acoden acotío ao comedor benéfico.

"Ao ser tantas, vounas facer ao forno que tamén están moi saborosas. E con moito cariño", explica Fina Rodríguez, a cociñeira da Cociña Económica.

O valor económico desta doazón ascende aos 450 euros e, deste xeito, os mariscadores ferroláns, un ano máis, axudan a Cociña Económica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade