Comerciantes da rúa Concordia de Ourense responsabilizan as obras da caída de clientes
Comerciantes da rúa Concordia de Ourense responsabilizan as obras da caída de clientes
Confiaban en que a vía fora peonil xa este mes
Na maioría dos negocios dan por perdida a campaña de Nadal
"A rúa morreu ao non haber xente de paso, morreu. Dixeron que ían acabar en decembro e agora está para abril ou maio", di a dona dun estanco.
Cando rematen as obras, a rúa da Concordía contará con ramplas mecánicas para salvar a pendente, árbores e un aspecto máis humanizado que convide ao paseo. De momento cadaquén leva a presenza da maquinaria e os ruídos como pode.
"A rúa necesitaba un arranxo pero quizás esta obra é demasiado faraónica"; "As obras levan traballo pero temos gañas de que esto remate dunha vez porque é un contratempo para os negocios"; "Seguro que vai a quedar ben, seguro", explican os comerciantes.
Os negocios constatan unha baixada de clientes.
"Nós temos contadores e no mes de agosto pasaron un corenta por cento menos de persoas por diante da tenda, outros meses xa non contamos porque non podían nin pasar".
Cincuenta por cento , si cincuenta por cento, dirán que a xente deixou de fumar, pero non".
Confiaban que a peonalización da rúa estivese rematada antes do Nadal. Agora agardan vela lista na primavera.