Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os concellos buscan nova vida para edificios públicos sen uso en Ourense

Os concellos buscan nova vida para edificios públicos sen uso en Ourense

Entrimo xa conta con dúas iniciativas para rehabilitar inmobles construídos no marco do programa europeo Leader e levan décadas abandonados

En Celanova, tras máis de 20 anos sen funcionamento, o Concello quere pór en marcha a estación de autobuses 

Imaxe do edificio das cabaleirizas en Entrimo
G24.gal 04/04/2025 13:25

A carón da estrada principal, en Entrimo, atopamos os restos do que, hai máis de tres décadas, ía ser o punto de información ao visitante da Baixa Limia. Monte arriba está o que queda das cortes dos cabalos. Trátase dun dos primeiros proxectos do programa europeo Leader, financiado con fondos públicos e privados, pero non chegou a ver a luz.

Tras anos de abandono o concello conta con dous proxectos para darlle unha nova vida como comenta o alcalde de Entrimo, Ramón Alonso.

En Celanova, a estación de autobuses foi construída hai máis de 20 anos, pero nunca entrou en funcionamento. Emprégase para gardar vehículos municipais e acoller as brigadas de incendios, pero agora o Concello quere devolverlle o seu uso orixinal, moi necesario para vila, segundo o rexedor municipal, Antonio Puga.

En Lobios, o embarcadoiro do encoro de Lindoso, no que se investiron máis de 400.000 euros do plan E hai 15 anos, ten máis difícil entrar en funcionamento. O problema, din dende o Concello, é a flutuación do nivel do encoro que fai que o embarcadoiro, na época de verán, cando tería máis demanda, quede colgando pola falta de auga.

Vellas escolas transformadas en locais sociais, velorios ou garderías, son un exemplo da reutilización de edificios públicos que foron quedando sen uso, unha listaxe na que moitos agardan aínda por unha nova vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade