Case todos os edificios construídos antes do 2000 deberían facer unha reforma enerxética
Unha intervención que moitas comunidades de veciños ven só como un gasto, sen pensar no aforro enérxetico que poden conseguir
Non é o caso da Coruña, onde está en marcha un proxecto do que se van beneficiar máis de 250 propietarios
Practicamente todos os edificios construídos antes do 2000 deberían facer unha reforma enerxética. Unha intervención que moitas comunidades de veciños ven só como un gasto, sen pensar no aforro enerxético que poden conseguir. Porque unha fachada, que dende os anos 70 leva exposta ás inclemencias do vento e a chuvia, cambia ao revestirse cun novo illante que busca algo máis que rexuvenecela. Con esta actuación o que se quere é reducir un 80 por cento a necesidade de calefacción dos 250 veciños que residen nos bloques
E o vinte por cento restante tamén se pode xerar da forma máis eficiente posible porque din que o obxectivo é reducir nun 91 por cento as emisións de CO2. E para iso substituiranse as vellas caldeiras contaminantes de gas por unhas novas bombas de calor eléctricas, porque segundo o director de servizos enerxéticos de Iberdrola en Galicia a electrificación é o que lle dá eficiencia ao proceso, que se completa xerando dentro do inmoble parte desa electricidade. E para iso tamén se vai colocar un campo fotovoltaico nas cubertas e placas solares nas fachadas nas que pega o sol.
A rehabilitación do bloque de sete inmobles conta cun investimento superior aos oito millóns. de euros e calculan que remate antes do verán.