Os concellos de Betanzos e Bergondo intensifican as medidas para facer fronte á seca
Os concellos de Betanzos e Bergondo intensifican as medidas para facer fronte á seca
Non encher piscinas, lavar coches só nos establecementos habilitados e reducir os regos son algunhas das medidas
Fontes como a da praza García Irmáns, con auga de manancial, non se verá afectada polas medidas anunciadas polo concello de Betanzos, que si cortará a subministración de auga das fontes da traída municipal.
Outras medidas de aforro da auga será a prohibición de lavar os coches, agás nos establecementos habilitados.
Tampouco estará permitido encher as piscinas.
O Concello reducirá o baldeo na limpeza de rúas e ao regar.
En Betanzos están de festas. Por iso, con carácter excepcional, este xoves manterase a festa de xogos infantís acuáticos no parque do Pasatempo. En todo caso, faise un chamamento á cidadanía para facer un uso responsable da auga.
Desde o Concello de Bergondo tamén se anunciaron medidas similares. Entre elas, o control do consumo de auga nos edificios e instalacións municipais.
Todo para facerlle fronte á situación de seca prolongada que se mantén na conca do río Mero ata Ferrol.