Os concellos pagan a formación do persoal de socorrismo
Os concellos pagan a formación do persoal de socorrismo
En Nigrán hai 29 pero precisaban máis
Con todas as praias cheas hai moito persoal que vela pola nosa seguridade. Entre eles, os socorristas. Hoxe estivemos cos de Nigrán. Son 29 e o Concello non desbota reforzar o servizo se é preciso. Como en moitas outras localidades o Concello pagou a formación de parte deles.
Ás veces tamén se forman nas súas localidades. Non é o único problema; é un traballo tan estacional que moitos o abandonan cando atopan outro máis estable.
As incidencias máis típicas son as picadas de fanecas, insectos ou augamares e os cortes. O menos habitual son os mareos, os afogamentos, e ter que solicitar un traslado en ambulancia ou mesmo os falecementos.
Hoxe en Nigrán tiveron unha incidencia coa perda dun ancián con pouca mobilidade.