Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os concellos portugueses comezan a implantar taxas turísticas

Os concellos portugueses comezan a implantar taxas turísticas

As taxas varían segundo o concello e a tempada do ano

G24.gal 14/08/2024 16:05

Comeza unha das maiores pontes vacacionais do ano e moitos galegos optan por turismo de proximidade, ao outro lado do río Miño.

Deben saber que, ante a masificación dos últimos anos, os concellos portugueses están a estender as taxas turísticas por cada noite de estancia nos seus hoteis ou pisos de alugueiro.

Este é o verán no que as taxas turísticas se asentan en Portugal. Cada vez son máis os concellos que cobran unha pequena cantidade por noite, para paliar o impacto do turismo masivo, en termos de servizos públicos e uso de infraestruturas.

As taxas varían segundo o concello e a tempada do ano. Por exemplo, entre maio e outubro, Viana do Castelo cobra 1 euro e medio por noite e persoa maior de 16 anos. É dicir, unha parella que pase catro noites, deberá pagar 12 euros ao chegar ao hotel.

Quedan exentos quen fixeran a reserva antes do 6 de agosto, cando entrou en vigor esta norma local, que se suma ás xa vixentes doutros concellos como O Porto ou Lisboa, onde acaba de duplicarse e xa é de 4 euros por persoa e noite.

O vindeiro mes tamén se sumará a fronteiriza Caminha. Iso si, hai exencións puntuais segundo o concello: para peregrinos, estancias longas ou quen viaxe por motivos sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade