Os concesionarios de Ourense amosan as últimas novidades no sector para intentar impulsar as vendas
Os concesionarios de Ourense amosan as últimas novidades no sector para intentar impulsar as vendas
Con 17 anos de media, o parque móbil ourensán é o máis antigo de España
As matriculacións medraron este ano con respecto ao anterior pero aínda están lonxe das cifras previas á pandemia
Expourense acolle ata este domingo 15 concesionarios, cun total de 24 marcas distintas, que nos amosan as diferentes alternativas que hai neste momento no mercado automobilístico.
O obxectivo é promover as vendas, paralizadas durante anos pola pandemia, a crise dos semicondutores ou os problemas de stock. No que levamos de 2023 medrou a matriculación de coches novos.
A patronal do sector estima que en Galicia pecharán o ano cun 10 por cento máis de vendas que o ano pasado pero as cifras aínda están lonxe das que había antes da pandemia. A situación económica e a incerteza sobre a descarbonización da mobilidade fai que os coches de segunda man sigan liderando as vendas.
Como consecuencia, o parque móbil está cada vez máis envellecido. En toda Galicia a idade media dos vehículos sobe dos 15 anos, e chega a rozar os 17 en Ourense.